COMPETICIÓN DE ROBOTS

COMPETICIÓN DE ROBOTS



A Escola de Enxeñería Industrial (EEI) de Vigo convoca a súa VI Competición de robots.

Celebrarase o 21 de abril de 2023

Está dirixida a alumnado de ESO, Bacharelato, universidades e FP.

Esta competición ten como obxectivo achegar a Universidade ao alumnado de ESO e Bacharelato, amais de promover as titulacións da Escola de Enxeñería Industrial, fomentar o interese do alumnado polas disciplinas STEM e polos estudos de enxeñaría.


O alumnado da ESO e Bacharelato que competirá terá que afrontar dúas probasSeguir a liña ‘marchoso’ e Velódromo ‘mareante’, o que será en equipos de entre catro e seis compoñentes; na categoría BE Robot, terán que, no primeiro caso, dar unha volta completa a un circuíto marcado no chan o máis rápido posíbel, evitando todos os atrancos e, no segundo, completar o número de voltas no menor tempo posíbel a un recinto circular, no que tamén deberán sortear obstáculos formados por cilindros, situados nos extremos dos diámetros perpendiculares.

Os equipos que desexen participar na Competición de robots teñen de prazo de inscripción ata o 30 de xaneiro de 2023.

http://eei.robots.webs.uvigo.es/#event 

Comentarios