Discover EU! Bono viaxe para descubrir Europa


 

Discover EU! Bono viaxe para descubrir Europa

Tes 18 anos e resides legalmente nun dos Estados membros da UE ou nun terceiro país asociado a Erasmus+? Prepárate para descubrir Europa!

Que é DiscoverEU?
DiscoverEU é unha acción do programa Erasmus+ que che ofrece a oportunidade de descubrir Europa a través de experiencias de aprendizaxe. Desprazándote principalmente en tren (hai excepcións para as persoas que viven en illas ou en zonas remotas), descubrirás as impresionantes paisaxes de Europa e a súa gran variedade de pobos e cidades. Podes presentar a túa candidatura nas dúas edicións que se organizan cada ano. As candidaturas seleccionadas obteñen un bono de viaxe.

Os participantes seleccionados recibirán unha Tarxeta Europea da Mocidade de DiscoverEU que lles permitirá obter descontos en visitas culturais, actividades de aprendizaxe, actividades deportivas, transporte local, aloxamento, comida, etc.

A próxima rolda de candidaturas terá lugar desde o mércores 15 de marzo de 2023 ás 12.00 horas ata o mércores 29 de marzo de 2023 ás 12.00 horas.

Requisitos
Participantes nacidos entre o 1 de xullo de 2004 e o 30 de xuño de 2005
Presentar o formulario de candidatura en liña cun número de documento de identidade, pasaporte ou tarxeta de residencia legal válido
Cidadán ou residente legal dun dos seguintes países:
— un dos Estados membros da Unión Europea, incluídos os países e territorios de ultramar (PTU), ou
— un dos terceiros países asociados ao programa Erasmus+: Islandia, Liechtenstein, Macedonia do Norte, Noruega, Serbia e Turquía.

A continuación, terás que responder a un cuestionario (salvo se presentas a túa candidatura como membro dun grupo).

Se a túa candidatura é seleccionada, poderás facer unha viaxe de entre 1 e 30 días de duración entre o 15 de xuño de 2023 e o 30 de setembro de 2024.

Podo viaxar cos meus amigos?
Claro! Decídelo ti. Podes ir só ou engadir ata a un máximo de catro persoas no teu grupo, que deberán cumprir as condicións de admisión anteriores.
Tamén podes combinar plans de viaxe con outros participantes de DiscoverEU. Para iso, o medio ideal é o grupo DiscoverEU de Facebook.

 

Podes consultar toda a información referente ao programa na seguinte ligazón: youth.europa.eu/discovereu

Comentarios