5º Concurso de Microrrelatos "Círculo Creativo"

 5º CONCURSO DE MICRORRELATOS "CÍRCULO CREATIVO"


Nova convocatoria do 5º Concurso de Microrrelatos ‘Círculo Creativo’, unha das citas que caracterizan a aposta da Fundación Círculo pola participación activa nas súas actividades culturais. Por quinto ano, o certame permitirá comprobar a habilidade narrativa e a imaxinación de centos de escritores de distintos lugares do mundo.

Poderán participar todos/as aqueles/as que o desexen, cunha obra escrita en castelán e un máximo de dous microrrelatos cuxa extensión non supere as duascentas palabras (título non incluído) en cada un deles. O tema dos microrrelatos é libre.

Os traballos presentaranse de forma dixital na páxina web: www.elcirculo.es


Deberán incluír a seguinte información:
Datos personais
Declaración do autor certificando que a obra é inédita, que non foi premiada en ningún outro concurso e que os seus dereitos non foron cedidos a ningún editor.
Microrrelato
Deberá facerse un envío por cada un dos microrrelatos que se presenten.

prazo de entrega finaliza o día 2 de abril.


Premios:

Primeiro premio – 600€
Segundo premio – 200€
Terceiro premio – Lote de libros


Máis Información: fundacion@elcirculo.es 

Comentarios