A Deputación de Cáceres convoca a oitava edición do Premio Cómic, Manga e Arte Nova, co que pretende promover e incentivar a creación plástica á vez que promover os novos valores no ámbito do Cómic
Cada autor/a poderá presentar ata un máximo de 2 traballos orixinais, non editados con anterioridade, atendendo aos seguintes requisitos:
- O estilo, tratamento e xénero do cómic ou manga serán libres e o argumento autoconclusivo. Non se aceptarán obras que promovan o consumo de tabaco, alcol ou outras drogas, nin que atenten contra a dignidade das persoas e os Dereitos Humanos.
- Os personaxes deberán ser orixinais, de creación propia e inédita.
- Non poden ser editados.
- Os traballos deberán estar escritos exclusivamente en castelán e entregaranse completos e terminados, cunha extensión mínima de 8 páxinas e un máximo de 12, incluíndo cuberta.
- Formato A4, jpg ou pdf, e unha resolución mínima de 300 ppp. Peso máximo: 15 MB.
O prazo de participación estará aberto ata o 13 outubro de 2023.
Poderán participar nesta convocatoria aquelas persoas que o desexen a partir dos 14 anos de idade, establecéndose dúas categorías:
- Desde os 14 a 20 anos.
- A partir de 21 anos.
Dotación
Desde os 21 anos: primeiro premio: 2.000 €. Segundo premio: 1.000 €.
De 14 a 20 anos : primeiro premio: 1.000 €. Segundo premio: 500 €
https://cultura.dip-caceres.es/viii-premio-comic-manga-arte-joven/
Comentarios
Publicar un comentario