XXX edición do Premio Manuel Lueiro Rey de novela curta

O Concello do Grove convoca a XXX edición do Premio Manuel Lueiro Rey de novela curta.

Poderá concorrer ao premio calquera persoa que presente o seu texto en lingua galega, conforme as normas ortográficas vixentes. Os textos presentados, amais de seren inéditos e totalmente orixinais, non poderán ter sido publicados, ou divulgados, en todo ou en parte, por calquera medio físico ou electrónico. Os textos presentados han ter unha extensión mínima de 50 páxinas e unha extensión máxima de 100 páxinas, tamaño folio DIN A4, de dous mil cincocentos caracteres cada páxina, aproximadamente, espazamento entre liñas de 1,5 (espazo e medio) e as follas deberán de estar paxinadas.

De cada un dos textos concorrentes, presentaranse cinco copias en papel e unha en soporte dixital, nun documento de procesador de textos, antes do día 15 de setembro de 2023, remitíndoas ao enderezo seguinte:

XXX Premio Manuel Lueiro Rey
Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey
Rúa Monte da Vila, 11
36980 O Grove
Pontevedra

A dotación do premio é de 3.000 €

O prazo de presentación das obras está aberto ata o día 15 de setembro de 2023.
Máis información no BOP de Pontevedra do 25 de maio de 2023.


Comentarios