Nova convocatoria do 5º Concurso de Microrrelatos ‘Círculo Creativo’, unha das citas que caracterizan a aposta da Fundación Círculo pola participación activa nas súas actividades culturais. Por quinto ano, o certame permitirá comprobar a habilidade narrativa e a imaxinación de centos de escritores de distintos lugares do mundo.
Poderán participar todos/as aqueles/as que o desexen, cunha obra escrita en castelán e un máximo de dous microrrelatos cuxa extensión non supere as duascentas palabras (título non incluído) en cada un deles. O tema dos microrrelatos é libre.
Os traballos presentaranse de forma dixital na páxina web: www.elcirculo.es
Deberán incluír a seguinte información:
Datos personais
Declaración do autor certificando que a obra é inédita, que non foi premiada en ningún outro concurso e que os seus dereitos non foron cedidos a ningún editor.
Microrrelato
Deberá facerse un envío por cada un dos microrrelatos que se presenten.
O prazo de entrega finaliza o día 2 de abril.
Dotación
Primeiro premio – 600€
Segundo premio – 200€
Terceiro premio – Lote de libros
Comentarios
Publicar un comentario