Atlantic Pride convoca a 2ª Edición do Certame de Literatura LGTBI+ co club de lectura QUEERuña.
Este certame literario pretende visibilizar as diversidades sexuais e de xénero e vivenciar as experiencias minorizadas de todas as persoas LGTBI+.
Poderán participar todas as persoas maiores de idade residentes en Galicia, sempre que a presentación dos traballos sexa en galego ou castelán, orixinais e inéditos, non publicados en ningún tipo de formato, nin total nin parcialmente (incluído internet), non premiados ou pendentes de decisión en outros concursos, ou á espera de resposta de procesos editoriais. O incumprimento desta primeira base descalifica automaticamente o traballo presentado.
A temática é libre, con vinculación á diversidade LGTBI+.
Valorarase o uso preferente da lingua galega, a calidade literaria, a corrección gramatical e a orixinalidade da obra.
Tamén se valorará as personaxes e historias infrarrepresentadas dentro do espectro LGTBI+.
O prazo de presentación das obras estará aberto ata o 30 de abril de 2023.
Durante a celebración do festival (2-9 de xullo) anunciaranse gañadores e realizarase a entrega de premios.
Extensión e formato
O texto presentarase en formato pdf e en documento tamaño DIN A4. Só se admitirá unha obra por persoa. Máximo 10 páxinas. Tipografía Times New Roman tamaño 12, interlineado 1.
Como participar?
Deberá enviarse a obra en formato dixital por correo en pdf a certamerelatos@atlanticpride.es. Na mensaxe de correo irán dous arquivos:
OBRA_titulodaobra.
DATOSPERSOAIS_titulodaobra cos datos de autoría e de contacto.
Premios:
1º Premio: 600 Euros.
2º Premio: 300 Euros
3º Premio: 100 Euros
Publicarase un libro cos relatos premiados e unha selección do xurado.
Toda persoa que participe neste certame acepta a cesión da obra para publicación e difusión do material en outros medios físicos ou dixitais relacionados co Atlantic Pride ou o Club de lectura QUEERuña.
Comentarios
Publicar un comentario