Concurso X Talento Challenge 2023 Fundación ONCE

 

X Talento Challenge é un concurso de emprendemento dirixido a mozos de 14 a 18 anos , que deberán formar equipos compostos por un mínimo de 3 e un máximo de 8 participantes. X Talento Challenge promove o desenvolvemento de proxectos de impacto social positivo na súa contorna.

O concurso divídese en dúas fases: na primeira, cada equipo deberá contar, polo menos, con 2 participantes con diversidade funcional (con certificado de grao igual ou superior ao 33%) e, na segunda, será necesario contar, polo menos, con 3 participantes con diversidade funcional. Os equipos serán supervisados por un titor ou titora que lles guiará ao longo de todo o proceso.

Obxectivos
- Promover a dixitalización, liderado, emprendemento, coñecementos financeiros, creatividade, toma de decisións, traballo en equipo, etc.
- Fomentar a participación de mozas de 14-18 anos a través dun proxecto conxunto de impacto social baseado na aprendizaxe dialógico e cooperativo.
- Potenciar a escoita activa a través de equipos que inclúan mozos e mozas con e sen diversidade funcional.

Para participar, o titor ou titora terá que rexistrar ao seu equipo ou equipos na web www.portalentochallenge.es/apuntate

O período de inscrición finalizará o 10 de marzo de 2023. Os equipos que pasen á Segunda Fase terán que presentar os seus proxectos do 27 de marzo ao 8 de maio de 2023.

Requisitos
Mocidade de 14 a 18 anos, cumpridos ao longo do curso 2022/2023 (nacidos entre 2004 e 2008), que formen parte de centros educativos, asociacións e outras entidades que conten con personalidade xurídica.

Dotación
A) Os 3 mellores proxectos recibirán un premio de 6.000€ como capital para poñer en marcha o seu proxecto de impacto social.
B) Cada participante de cada un dos tres equipos gañadores recibirá 1 tarxeta regalo valorada en 100€.
C) Premiarase cun (1) Ipad ou Ipad Mini aos titores/as de cada equipo gañador.

Comentarios