A Fundación Montemadrid abre unha nova edición da convocatoria Xeracións, un proxecto que desde o ano 2000 mostra anualmente unha selección de proxectos artísticos nos que traballan os novos artistas residentes no noso país.
O seu principal obxectivo é ofrecer unha plataforma, dedicada á arte actual, que mostre o seu traballo e axude a difundir as súas propostas entre a crítica especializada e o público xeral. Posibilitando así aos creadores de ata 35 anos, desenvolver un amplo proxecto, que pode estar ou non estar finalizado, permitindo aos xurados deterse nos procesos creativos.
O prazo de inscrición está aberto ata o 17 de abril de 2023 na web de "La Casa Encendida".
Requisitos
Artistas maiores de idade, españois e estranxeiros residentes en España, que á data de peche da convocatoria non superen os 35 anos. Os/as artistas que obtivesen premio nas convocatorias anteriores, non poderán presentarse a Xeración 2024.
Dotación
Seleccionaranse ata 8 proxectos artísticos que obterán unha dotación de 10.000 euros cada un. Estes proxectos serán presentados a partir do mes de febreiro do próximo ano en "La Casa Encendida".
Comentarios
Publicar un comentario