IX Certame de relatos 'Ficción e Ciencia' da Universidade de Málaga

 

IX Certame de relatos 'Ficción e Ciencia' da Universidade de Málaga
 
Prazo de inscrición:Dende o 27/02/2023 ata o 07/06/2023
 
Información:
A Universidade de Málaga, a través do Servizo de Publicacións e Divulgación Científica da Vicerreitoría de Investigación e Transferencia, convoca un concurso de relatos de ficción e ciencia inéditos escritos en castelán e non premiados noutros certames, nin presentados co mesmo ou título diferente a outro premio literario pendente de resolución.
Os relatos corresponderán aos ámbitos da ciencia ficción, a fantasía ou o terror e na trama habería que especular sobre as liñas de investigación, patentes desenvolvidas na Universidade de Málaga ou contextualizar a trama nos lugares de investigación desta Universidade. (Consultar en www.uma.es, www.umadivulga.uma.es, ofertaidi.uma.es ou www.scai.uma.es, entre outros.)
 
A recepción de orixinais está aberta ata a data límite do 7 de xuño de 2023 ás 12:00 horas. Presentaranse por correo electrónico a ficcionyciencia@uma.es. Só se aceptará un texto por autor.
 
Convocatoria:
Universidade de Málaga.
 
Requisitos:
A participación no concurso está aberta a todas as persoas interesadas independentemente da súa ocupación e lugar de residencia.
 
Dotación:
O certame estrutúrase nunha única categoría de participación recoñecida cun premio de 1.000 euros para o relato gañador.

Comentarios