A Universidade de Málaga e a Academia Malagueña de Ciencias, convoca o V Concurso de Ilustración Científica.
As obras deben ser de carácter ilustrativo ou figurativo, seguindo as bases da ilustración científica. Aceptaranse tanto ilustracións a cor como en branco e negro. A técnica será libre, pero valoraranse aquelas con as que poidan obterse mellores resultados na reprodución posterior.
Todas as obras presentaranse exclusivamente en formato electrónico. O arquivo que conteña a obra deberá facilitar a reprodución en tamaño A3 (420 x 297mm) e non deberá incluír marcas de auga.
Cada concursante pode participar cun máximo unha obra. De entre todas as propostas recibidas, o xurado seleccionará un máximo de 10 ilustracións en base o seu rigor, innovación e capacidade divulgativa da obra. De entre estas decidirase o gañador e ata tres menciones especiais aos traballos máis destacados.
O prazo para presentar ilustracións estará aberto ata o 15 de maio de 2023.
Poderá participar calquera estudante matriculado/a nun grao, licenciatura ou enxeñería nalgunha das universidades españolas recoñecidas polo Ministerio de Educación ou nun ciclo de formación de grao medio ou superior.
Tamén poderán participar as persoas matriculadas en estudos de posgrao (máster, doutoramento, especialidade), o persoal docente e investigador (PDI) e de administración e servizos (PAS) das universidades españolas e o persoal dos organismos públicos de investigación (OPIs).
Haberá un primeiro premio dotado con 500 euros e diploma acreditativo. A criterio do xurado poderán outorgarse ata tres distincións de mención especial, obtendo un diploma acreditativo.
https://www.uma.es/facultad-de-ciencias/noticias/v-concurso-de-ilustracion-cientifica/
Comentarios
Publicar un comentario