A Deputación da Coruña convoca o XV Premio "Andrés Gaos" de Composición Musical
O prazo estará aberto ata o 30 de xuño de 2023
Poderán participar todas aquelas persoas, que non obtivesen o premio nos 5 anos anteriores a este, e que presenten obras inéditas e non premiadas con anterioridade en ningún outro premio ou certame.
As obras serán de tema e extensión libres, aínda que é recomendable que cada obra teña unha duración de entre 10 e 20 minutos
O modelo orquestral máximo para a execución das obras será o seguinte: 2 frautas · 2 oboes · 2 clarinetes · 2 fagots · 4 trompas · 2 trompetas · 2 trombóns · 2 percusionistas · 8 violíns primeiros · 8 violíns segundos · 6 violas · 6 violonchelos · 4 contrabaixos. Admitiranse os seguintes instrumentos de vento de madeira: frauta, frautín, frauta contralto, oboe, corno inglés, clarinete, clarinete baixo, fagot, contrafagot. Tamén é posible unha distribución de só cordas.
Non se admitirá: a integración de instrumentos adicionais. obras que requiran de un número maior de instrumentos aos especificados nin obras para instrumentos solistas.
Establécese un premio único dotado con 6.500 €
Comentarios
Publicar un comentario