Cartel anunciador da Festa do Albariño 2023


O Concello de Cambados convoca un concurso para a elección do cartel anunciador da Festa do Albariño 2023

O prazo de presentación dos traballos é ata as 14:00 horas do día 23 de xuño de 2023
O Concello de Cambados concederá un único premio por importe de 600 € e diploma
Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras, que deberán ser orixinais e inéditas
Poderán realizarse con calquera técnica pictórica, fotográfica, informática, etc.
A temática, aínda que libre, debe reflectir o que simboliza a Festa do Albariño para Cambados. Valorarase positivamente a creatividade, a orixinalidade e a inclusión de expoñentes da cultura e do patrimonio relacionado co viño e a vila.
Deixarase unha franxa na parte inferior do cartel suficiente para poder engadir os logotipos dos organizadores e colaboradores.

O texto incluído no cartel deberá ser:
LXXI FESTA DO VIÑO ALBARIÑO
CAMBADOS, do 2 ao 6 de Agosto de 2023
Declarada de Interese Turístico Internacional
www.cambados.gal

As obras deberán ser presentadas en dous soportes:
A. Dixital, nun sobre pechado, que levará no exterior un LEMA. No interior incluirase:
- Gravados en alta resolución nun USB, en formato editable: Adobe Photoshop, Illustrator ou CorelDraw. Excepcionalmente os orixinais realizados con técnicas pictóricas (óleo, acuarela, guache, pastel, etc) poderán ser admitidos sen soporte informático.
- Nome e apelidos do autor.
- Fotocopia do D.N.I.
- Dirección, teléfonos de contacto e correo electrónico.
- Ficha de inscrición (Anexo ás presentes Bases).
B. Impresos e pegados sobre cartón pluma, debidamente protexido, de tamaño 42 × 60 cm, (dim A2) onde se incluirá no reverso do cartel o LEMA ou PSEUDÓNIMO.
Os envíos internacionais deben especificar no paquete: Sen valor comercial / Para uso cultural.

Comentarios