III Concurso Canta con Ames 2023

O Concello de Ames convoca o III Concurso Canta con Ames 2023

Poden participar no concurso persoas non pertencentes ao mundo profesional da música nin na actualidade, nin no pasado.
As persoas que desexen participar deben enviar un vídeo con audio, en formato Mp4, coa interpretación sen base vocal orixinal de non máis de 1 minuto na seguinte direción de correo electrónico: amesnarua@gmail.com

A presentación das solicitudes de inscrición realizaranse ata o 09 de xullo de 2023

O certame divídese en catro categorías, a adscrición a cada unha dependerá da idade das persoas participantes.
Primeira categoría: persoas ata 12 anos, categoría infantil.
Segunda categoría: persoas a partir de 13 anos ata 20 anos, categoría xuvenil.
Terceira categoría: persoas a partir de 21 anos a 40 anos, categoría sénior.
Cuarta categoría: persoas a partir de 41 anos en adiante, categoría súper sénior.

Os premios serán os seguintes:
- Por cada categoría, aos 4 gañadores ou gañadoras premiaráselle cun trofeo en recoñecemento da participación, unha cesta saudable, un vídeo profesional sobre o seu paso polo concurso, cantar nas pre badaladas e dúas tarxetas, unha valorada en 100 € para gastar nos comercios da Asociación de Comerciantes Xuntanza de Empresarios de Ames. (XEA), e outra tarxeta valorada en 100 € para gastar nos establecementos da Asociación do Parque Empresarial Novo Milladoiro.
- Aos 8 participantes que chegaran á final en cada categoría premiaráselles cun trofeo, unha cesta saudable, un vídeo profesional do seu paso polo concurso e unha tarxeta regalo valorada en 30 € para gastar nos comercios da Asociación de Comerciantes Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA).


Comentarios