A Asociación Xuvenil Vrenza ten dispoñibles 4 prazas para participar no Training Course “Climate Watchers!” aprobado pola Axencia Nacional turca do programa Erasmus+: Xuventude en Acción.
PAÍSES PARTICIPANTES
Bulgaria, Italia, Macedonia, Portugal, Turquía, España, Letonia, Grecia, Rumanía, Alemania
> Destinatarios/as:
+18 sen limite de idade e interesados/as na temática do proxecto: aprender a vivir en armoniía co cambio climático, concienciar sobre o desperdicio, especialmente da auga e enerxía, aumentar as competancias sobre o correcto uso dos recursos e animar a loitas contra calquera tipo de desperdicio.> Datas de realización:
do 18-23 Maio 2023> Lugar de realización:
Casgem/Ankara (Turquía)> Entidade organizadora:
Yedi Iklim Kultur Sunat Egitim Bilim Ve Yardimlasma Dernegi.> Custos:
A entidade organizadora turca reembolsará os custes de desprazamento ata un máximo de 530€, presentando boarding pass, e-ticket e facturas dos correspondentes billetes.A participación no proxecto ten unha cota de 100 €, que será abonada nunha conta bancaria que será ingresada nos seguintes 24 horas da confirmación da praza. Necesitarase unha xustificación bancaria do ingreso para a confirmacion definitiva da praza.
> Inscrición:
Para inscribirse os/as mozos/as interesados/as deberán contactar ao Whatsapp +34649180994As prazas outorgaranse por rigoroso orde de inscripción. Confirmada a praza, os/as seleccionados/as deberán remitir nun prazo de 48 horas ao número de teléfono facilitado a seguinte documentación:
- Copia do billete de avión
- Fotocopia do DNI e pasaporte en vigor
- Fotocopia da póliza de seguro de viaxe (non obrigatorio pero recomendable)
Recoméndase levar o Carné Internacional de Estudiante/Carné Xove (o cal ten un seguro de viaxe).
> Cobertura do intercambio:
- Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple (2/3)- Transporte local no ámbito do intercambio
- Actividades organizadas pola entidade de acollida
Comentarios
Publicar un comentario