IV Certame de Poesía e Microrrelato do Concello de Cabanas

A área de normalización lingüística do Concello de Cabanas convoca o IV Certame de Poesía e Microrrelato, un concurso literario que se enmarca na programación coa que Cabanas celebra o Día das Letras Galegas, que este ano conmemora a figura de Fernando Fernández del Riego.

 
Poderán participar no certame todas as persoas que o desexen, de calquera idade e nacionalidade.
Establécense as categorías seguintes:
- Categoría infantil / xuvenil de poesía e Categoría infantil / xuvenil de microrrelato (ata os 17 anos)
- Categoría adulta de poesía e Categoría adulta de microrrelato (de 18 anos en diante)
As obras deberán presentarse na modalidade literaria de poesía ou microrrelato e deberán estar escritas en lingua galega, ser orixinais, inéditos e non premiados noutros certames ou concursos. O tema será libre.
Os textos deberán estar mecanografados, a un espazo e medio, con formato Times New Roman, tamaño 12, e coa extensión seguinte
Poesía
- Categoría infantil / xuvenil: 10 versos (mínimo) / 20 versos (máximo)
- Categoría adulta: 40 versos / 80 versos (máximo)
Microrrelato
- Categoría infantil / xuvenil: 10 liñas (mínimo) / 20 liñas (máximo)
- Categoría adulta: 15 liñas (mínimo) / 30 liñas (máximo)
Os textos enviaranse por correo-e a normalizacion@cabanas.gal.
 
Premios: haberá un premio para cada un dos gañadores de cada categoría dunha cesta de produtos de proximidade
 

Comentarios