Premio Auditorio de Galicia para artistas noveis 2023

O Auditorio de Galicia convoca a décimo terceira edición do Premio Auditorio de Galicia para artistas noveis 2023 co obxectivo de fomentar os valores culturais, promocionar e incentivar a creación e apoiar a difusión das súas obras.

Dirixido a artistas nados ou residentes en Galicia que sexan menores de 40 anos o 31 de decembro de 2023. A participación pode ser individual ou como colectivo.

Cada artista ou colectivo pode participar cunha soa obra, que pode ser única ou unha serie, realizada en calquera tipo de técnica ou soporte (pintura, escultura, fotografía, vídeo, instalación...).
As obras deben ser orixinais e inéditas.

As medidas para pintura e fotografía non poden exceder dos 250 x 250 cm se é obra única. Se se trata dun díptico ou dunha serie, as medidas máximas serán de 400 cm incluíndo os espazos entre as pezas.
Non serán admitidas obras protexidas con cristal. Admitiranse as protexidas con metacrilato ou similar.
As dimensións das esculturas non poden exceder dun cubo imaxinario de 250 cm de lado nin dos 100 kg de peso.
As instalacións non poden exceder dun cubo imaxinario de 400 x 400 cm de base.
No caso de obras de videocreación, enviarase o vídeo orixinal introducindo no proxecto da obra unha ligazón que permita visionalo. O Auditorio resérvase o dereito de exhibir os vídeos en loop

O prazo de envío de solicitudes estará aberto ata o venres 6 de outubro de 2023
Inscrición en https://sede.compostelacultura.gal/sxc/gl/

Premios:
1º premio de 6.000 €.
2º premio de 3.000 €.
3º premio de 2.000 €.


Comentarios