O Concello de Sarria coa colaboración da Agrupación Cultural Ergueitas convocan o XXIII Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño.
As obras presentadas deben estar escritas en lingua galega.
A extensión mínima será de 500 versos. Os orixinais deberán ser inéditos e non premiados en ningún outro certame.
Os traballos presentaranse por cuadriplicado en exemplares separados, grapados ou encadernados, en tamaño DIN A4 escritos por unha soa cara. Acompañaranse dun sobre pechado no que conste o título ou lema da obra no exterior, contendo no interior o nome e apelidos da autora ou autor, fotocopia do documento de identidade, enderezo, teléfono e correo electrónico.
Premio: 6.000 €
Enviaranse por correo certificado a :
XXIII PREMIO DE POESÍA FIZ VERGARA VILARIÑO,
Concello de Sárria
Rúa Maior 14
27600 Sarria
Lugo
O prazo para a súa presentación estará aberto ata o 12 de xuño de 2023
Comentarios
Publicar un comentario