Premio de relato curto Nortear

 


A Xunta abriu o prazo para participar na 9º edición do premio de relato curto Nortear, impulsado pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, en colaboración coa Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal, e que recoñece obras en galego ou portugués.

Dotada con 3.000 euros, a iniciativa diríxese á mocidade de entre 16 e 36 anos de Galicia ou do norte de Portugal, que teñan unha escrita orixinal e inédita de 5.000 a 8.000 palabras de extensión. Ademais de recibir a dotación económica, a persoa gañadora verá o seu traballo publicado nas linguas galega e portuguesa.

O prazo para presentar as obras permanecerá aberto ata o 30 de xuño a través da web da plataforma Nortear  https://nortear.gnpaect.eu/ 

Comentarios