XXV Concurso de Bandas e Solistas Cuac FM

XXV Concurso de Bandas e Solistas Cuac FM

 
Poderán participar grupos musicais ou solistas residentes en España de calquera estilo musical, fóra da música clásica, que non editasen máis de 15 cancións da súa propia composición, independentemente do formato no que fosen realizadas (CD, vinilos, EP, singles e edicións dixitais en plataformas: Bandcamp, Spotify, Soundcloud, etc.)
Cada participante deberá cubrir o formulario de inscrición da web de CUAC FM e enviar dúas cancións de composición propia descargables en MP3
Non poderán participar as bandas xa premiadas en edicións anteriores do Concurso de Bandas e Solistas de CUAC FM
 
Premios
Premios exclusivos para bandas e solistas galegos: outogaranse 2 premios de 1.000 euros cada un, sendo requisito imprescindible para obtelo actuar no Festival Noroeste Estrella Galicia 2023.
Premios Batalla de Bandas: Os dous grupos ou solistas que obtivesen máis votos, participarán na Batalla de Bandas do Concurso de Bandas e Solistas CUAC FM na Sala Mardi Gras. Finalizadas as dúas actuacións un xurado decidirá o 1º premio (1.000€) e o 2º premio (900 €)
Premio "Eva Coyote" exclusivo para bandas ou solistas da Coruña: 900€ para a banda ou solista da Coruña con máis puntos, excluíndo as clasificadas para actuar no Festival Noroeste Estrella Galicia ou na Batalla de Bandas.
Premio Mellor Canción en Galego: 200€ para canción en galego escollida polo xurado de entre todas as recibidas.
 
O prazo de participación estará aberto ata o 10 de xuño de 2023
 


Comentarios