II Premio Literario da UNED de relato curto para estudantes de 4º de ESO e 1º de Bacharelato


A Universidade Nacional de Educación a Distancia convoca o II Premio Literario da UNED de relato curto para novos escritores, para fomentar e apoiar a creación literaria entre os estudantes de 4º de ESO e 1º de Bacharelato.

Poderán participar todos os estudantes de 4º de ESO e 1º de Bacharelato ou equivalentes, cunha idade máxima de 18 anos cumpridos á data de entrega de orixinais; que sexan residentes en España.

A extensión dos relatos, que deberán estar escritos en castelán, non superará un máximo de 2.000 palabras e terá un mínimo de 1.000. O tema desta convocatoria terá que estar relacionado coa sustentabilidade e o medio ambiente.

As obras serán orixinais e inéditas e non serían premiadas con anterioridade noutro concurso, nin estarán presentadas a outro premio pendente de fallo.

Cada autor soamente poderá presentar unha obra.

Os participantes deberán ter en conta o seguinte:
- Os relatos, asinados con pseudónimo, enviaranse á seguinte dirección de correo electrónico: premiojovenes@adm.uned.es
- As obras presentaranse en formato Word. O nome do arquivo será o título do relato.
- Os autores terán que enviar os seus datos persoais enchendo o formulario de admisión publicado na páxina web xunto a estas bases.

O título do relato que se envía a través do correo electrónico ha de coincidir co título do relato que figura no formulario de admisión.

Para os menores de idade será necesaria unha autorización dos pais ou titores legais, que deberá achegarse tamén ao correo electrónico. 

prazo de presentación de orixinais estará aberto ata o 1 de marzo de 2023.

Premios:
- Primeiro premio dotado con 800 euros e un diploma.
- Segundo premio dotado con 500 euros e un diploma.

https://clubdecultura.uned.es/2022/09/07/ii-premio-literario-uned-de-relato-corto-para-jovenes-escritores/

Comentarios