Estás desempregado/a? Estás a buscar unha formación curta que che axude na procura de emprego en liña?
A asociación Rede Araña organiza módulos formativos de catro horas cada un cos seguintes contidos:
- Marca persoal 2.0
- Redes sociais para a procura de emprego
- Selección de persoal 2.0: os novos procesos de selección de persoal.
Estas formacións versan sobre os novos procesos de selección de persoal e como se foron adaptando as redes sociais e as ferramentas dixitais na procura de emprego.
Realízanse en horario de mañá ou tarde, dependendo da túa dispoñibilidade. Todos os módulos son gratuítos e independentes entre si, podes asistir a un ou varios. Os talleres teñen como obxectivo fomentar e mellorar a empregabilidade das persoas que participen na actividade.
Está dirixido a mozos de entre 18 e 30 anos que se atopen desempregados. O prazo de insrición xa está aberto, podes enviar a túa solicitude mediante o seguinte formulario.
Máis Información
Tlf.: 91 5255099
Whats App: 623 207 656
Comentarios
Publicar un comentario