CONCURSO DE MICRORELATOS
Establécense dúas categorías:
Xuvenil: de 12 a 17 anos (con data de 28 de febreiro de 2023)
Adultos/as: de 18 anos en adiante (con data de 28 de febreiro de 2023)
Normas:
- As persoas menores de idade deberán acompañar o microrrelato dunha autorización do pai, nai ou titor/a legal.
- Os relatos deberán estar escritos en lingua galega, ser orixinais e inéditos.
- O tema dos microrrelatos é libre.
- Cada participante poderá presentar un máximo de dous microrrelatos.
- As obras terán unha extensión máxima de 200 palabras (título incluído)
- Os microrrelatos presentarase no sitio web relatos.gal
- O prazo para a presentación de textos estará aberto ata as 23:59 horas do martes 28 de febreiro de 2023.
Premios:
Xuvenil
- Primeiro premio: unha Nintendo Switch, un lote de libros xuvenís e un dominio gratuíto .gal durante un ano.
- Segundo premio: un Kindle, un lote de libros xuvenís e un dominio gratuíto .gal durante un ano.
- Terceiro premio: un lote de libros.
Persoas adultas
- Primeiro premio: un MacBook Air 13.3 SG/1.6GHZ, un lote de libros da Real Academia Galega, un dominio gratuíto .gal durante un ano e unha subscrición anual dixital á revista Luzes.
- Segundo premio: un Kindle 6wifi ou modelo similar, un lote de libros da Real Academia Galega, un dominio gratuíto .gal durante un ano e unha subscrición anual dixital á revista Luzes.
- Terceiro premio: un lote de libros da Real Academia Galega e unha subscrición anual dixital á revista Luzes.
Comentarios
Publicar un comentario