Concurso de relatos "Montañas de contos"

O Concello de Cortes de Arenoso (Castelló) e o Club de Lectura de San Vicente de Piedrahita e Cortes de Arenoso convocan a primeira edición do Concurso de relatos "Montañas de contos".

Este concurso ten como obxectivo promover a cultura e a creación literaria na e sobre a contorna rural.

Cada relato deberá ter un título e tratar, xeral ou especificamente, sobre un dos seguintes temas:
a) A vida nunha contorna rural.
b) As montañas e a natureza.
c) O despoboamento, o éxodo rural e a "España baleirada".
d) As masías e os masoveros/as.
e) O respecto ao medio ambiente desde unha óptica rural.

Só se poderá presentar un relato por persoa.

Os traballos enviaranse en formato .pdf á dirección clublecturasv@yahoo.com e serán admitidos ata as 20:00h do día 12 de abril de 2023.

Premios:
1º premio: 600€, diploma acreditativo e dúas noites de aloxamento en Cortes de Arenoso ou en San Vicente de Piedrahita, Castelló (non inclúe o desprazamento).
2º premio: 300€, diploma acreditativo e dúas noites de aloxamento en Cortes de Arenoso ou en San Vicente de Piedrahita, Castelló (non inclúe o desprazamento).


BASES


Comentarios