Festival de Curtas, Agarra a Vida

O Festival de Curtas, Agarra a Vida naceu para mostrar como, a pesar das dificultades, a dor ou a desesperación que nos poñen a proba, hai moitos motivos polos que merece a pena vivir, seguir adiante e emprender o camiño de descubrimento que supón afrontar as crises e as feridas emocionais aprendendo a crecer con elas.

O festival, que celebra a súa cuarta edición, é unha iniciativa do Teléfono da Esperanza e ten como obxectivo fomentar a creación de recursos audiovisuais que axuden a visibilizar a enorme importancia que ten na nosa sociedade o coidado da saúde emocional e a prevención do suicidio.

Temática: prevención de suicidio. O proxecto ten como obxectivo ofrecer unha mensaxe de esperanza a quen nalgún momento pensan en acabar coa súa vida chea de dor, e ás persoas da súa contorna.

As curtametraxes serán seleccionados tanto pola súa calidade técnica como pola adecuación ao obxectivo do festival, ofrecer razóns para vivir e/o experiencias de superación de situacións críticas.

Admitiranse obras de animación, documental ou ficción de imaxe real. As obras poden participar noutros certames ou festivais pero non en anteriores edicións deste festival.

As obras non superarán os 20 minutos de duración, créditos incluídos.

prazo de presentación de curtos estará aberto ata o 31 de maio de 2023.

As curtas pódense presentar por calquera dos seguintes medios:
a) Por correo electrónico á dirección direccion@agarralavida.es
b) A través das plataformas Movibeta ou Clickforfestivals.

O festival está aberto a persoas de todas as idades e nacionalidades. Poderán participar aqueles produtores ou realizadores de calquera nacionalidade que posúan os dereitos sobre as obras que presentan. Aqueles que sexan menores de idade no momento da inscrición deberán contar coa autorización do seu pai/nai ou titor legal.

Dotación
- As curtas seleccionadas no festival formarán parte da campaña de sensibilización para a prevención do suicidio que o Teléfono da Esperanza organiza en torno ao 10 de setembro (Día Mundial para a Prevención do Suicidio).
- As curtas seleccionadas serán exhibidas, xunto coa presentación do director, durante un período máximo dun mes en formato en liña a través da páxina web do Teléfono da Esperanza e da canle de youtube do Teléfono da Esperanza.
- Premio Especial do Público: durante o período de emisión en liña das curtas, abrirase unha canle de participación para que o público poida valorar as obras exhibidas. A obra que obteña unha maior puntuación nesta votación popular será galardoada con este Premio Especial do Público.


https://www.agarralavida.es/


Comentarios