"Naturalmente" é un novo concurso de microcine de Cultura Inquieta para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente
É un concurso aberto tanto para afeccionados como para profesionais, tanto para persoas individuais como para colectivos de persoas.
É un concurso internacional. Pódense presentar propostas desde todos os países e nacionalidades.
Cada participante poderá presentar un ou varios vídeos cunha duración máxima de 60 segundos por peza audiovisual.
A temática dos vídeos debe de estar vinculada coa sustentabilidade, o medio ambiente, a natureza, a naturalidade etc.
Os clips deberán compartirse en Instagram (en perfís públicos) xunto ao hashtag #NaturalmenteMedioAmbiente e mencionando a @culturainquieta e a @iberdrola, ou subirse directamente á plataforma habilitada para tal efecto.
Requisitos para participar
- Os participantes deberán ser maiores de idade e residir en calquera parte do mundo.
- Aquelas persoas que desexen concursar, deberán compartir as súas propostas en redes sociais.
- Os participantes poderán presentar cantas pezas desexen. Estas deberán ter unha duración máxima de 60 segundos e ter presente a temática relacionada coa protección do medio ambiente.
- A participación no concurso supón a aceptación da cesión de dereitos de explotación dos vídeos presentados.
- Os vídeos poderán ter un máximo de 30% de imaxes de librería ou outros recursos que non fosen rodados polo autor.
- As obras deben de ser orixinais, non podéndose presentar vídeos que xa fosen premiados noutros concursos ou certames.
- O participante será enteira e exclusivamente responsable dos contidos, mensaxes e/o comentarios que incorpore o vídeo presentado.
A data límite de entrega é o domingo, 2 de xullo ata as 23.59 h.
Premios
Entregaranse dous premios económicos: o primeiro premio está dotado de 2.000 € e o segundo de 1.000 €.
Comentarios
Publicar un comentario