IX Concurso de curtametraxes relacionado coa doazón e os transplantes


A Coordinación Autonómica de Transplantes da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, convoca o IX concurso de curtametraxes relacionado coa doazón e os transplantes co ánimo de seguir traballando en espertar interese entre o alumnado na importancia da concienciación sobre a doazón de órganos e tecidos.

O concurso de curtametraxes está dirixido ao alumnado de bacharelato, ciclos formativos de grao básico, medio e superior e de ensino artístico regrado.

Características das curtametraxes:
1. O contido das curtametraxes tratará sobre transplantes e a doazón de órganos e tecidos, e todos os aspectos relacionados con estes cunha duración máxima de 2 minutos (cortinas inicial e final incluídas).
2. Poderá participar neste concurso o alumnado, en forma individual ou en grupo, cun máximo de cinco autores recoñecidos por cada un dos traballos presentados.
3. Aceptaranse obras mudas ou sonoras, sempre e cando os textos e diálogos estean subtitulados en galego normativo e todas as secuencias e imaxes sexan creadas para a obra. En calquera caso, non se aceptarán obras que inclúan imaxes protexidas por dereitos de autor alleos a quen presenta a obra.
4. A técnica será libre e poderá gravarse con calquera dispositivo, incluídos os teléfono móbiles. Presentaranse unha copia en máxima calidade.
5. As obras deberán incluír obrigatoriamente un título relacionado co fomento da doazón de órganos e tecidos.
6. Só poderán presentarse aquelas obras que fosen realizadas baixo a titorización do profesorado do centro docente

prazo de presentación das curtametraxes estará aberto ata o 28 de abril de 2023

primeiro premio consistirá, para o centro docente, nun vale por valor de 1.000 euros para a adquisición de material escolar.
Para o alumnado, o premio consistirá nun vale regalo por valor de 1.000 euros, que se dividirá entre o número de participantes. Para o profesor ou profesora que tutela o traballo presentado, unha tableta.
segundo premio consistirá para o centro docente, nun vale por valor de 750 euros para a adquisición de material escolar. Para o alumnado, o premio consistirá nun vale regalo por valor de 750 euros que se dividirá entre o número de participantes. Para o profesor ou profesora que tutela o traballo presentado, unha tableta.

Comentarios