V Concurso de carteis sobre a doazón e os transplantes de órganos e tecidos

 V CONCURSO DE CARTEIS SOBRE A DOAZÓN E OS TRANSPLANTES DE ÓRGANOS E TECIDOS


A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) convoca un concurso de carteis que teña como tema a doazón e os transplantes de órganos e tecidos.

Poderá participar no concurso de carteis o alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO de todos os centros educativos da Comunidade Autónoma galega.



Características dos carteis:
O contido dos carteis tratará sobre a doazón e os transplantes de órganos e tecidos, e sobre todos os aspectos relacionados con estes.
Formato. Poderá realizarse en calquera técnica, plástica ou dixital que cumpra os seguintes requisitos:

  •  Técnica plástica: os carteis realizaranse en formato horizontal ou vertical coas medidas DIN A-3 (42 29,7 cm).
  • Técnica dixital: os carteis deberanse presentar en formato JPG cun peso máximo de 2 MB e dimensións correspondentes ao formato DIN A-3.
Os carteis deberán incluír unha frase ou lema en galego normativo relacionado co fomento da doazón. Cada alumno ou alumna poderá presentar un só cartel. O prazo de presentación dos carteis estará aberto ata o 28 de abril de 2023

Premios:

  • O primeiro premio consistirá nun vale por valor de 1000 euros destinado á adquisición de material escolar para o centro docente. O/a alumno/a e profesor/a recibirán cadansúa tableta.
  • O segundo premio consistirá nun vale por valor de 500 euros destinado á adquisición de material escolar para o centro docente. O/a alumno/a recibirá unha cámara de fotos deportiva e o/a profesor/a unha tableta.

Comentarios