X Concurso de fotografía "Cidadanía Europea en Galicia"

Europe Direct A Coruña e Europe Direct Lugo convocan a X Edición do Concurso de fotografía "Cidadanía Europea en Galicia" baixo o lema “Unha viaxe pola Unión Europea”.

Prazo de inscrición aberto ata o 10 de abril de 2023 ás 14.00 h.

Requisitos
Persoas maiores de idade residentes en Galicia.
Pódese presentar unha ou máis imaxes ou montaxes de imaxes, que deben ser orixinais, únicas e inéditas, deben incluír un elemento que representativo da Unión Europea.
As fotografías poderán ser tomadas con cámara dixital, móbil ou outro dispositivo electrónico. A técnica de realización será libre.
No caso de que nas fotografías aparezan imaxes que permitan a identificación de persoas, será necesario que a persoa participante no concurso obteña o consentimento das persoas interesadas para a súa publicación.
Formato PNG, cunha resolución mínima de 300 píxeles e un tamaño máximo de 400 K, ao correo-e cidadaniaeuropeaengalicia@gmail.com acompañadas do formulario de inscrición dispoñible en www.dacoruna.gal/europedirect 

Dotación
1.º Premio: 1 Cámara de fotos
2.º Premio: 1 Tablet


Comentarios