XXVI Concurso de Poesía Concello de Carral

O Concello de Carral  convoca a 26ª edición do Concurso de Poesía Concello de Carral.

Poderán optar ao premio todos os autores/as maiores de idade e de calquera nacionalidade, sempre que o seu traballo se presente escrito en lingua galega.

Haberá un premio único de 3.500 €.

Os traballos, cunha extensión mínima de 500 versos, serán orixinais, inéditos e non premiados noutros concursos no momento das deliberacións do xurado.

A presentación das obras farase exclusivamente de maneira dixital no enderezo web http://rexistro.culturacarral.es

Os traballos presentaranse en formato pdf mecanografados a dobre espazo en páxinas numeradas, cunha portada na que figuren o título da obra e o lema ou alcume do autor ou autora. Nos metadatos do arquivo non poderán figurar datos persoais.

prazo de admisión de orixinais estará aberto ata o 13 de abril de 2023.

Máis información

Casa da cultura de Carral, teléfono 981 672 580.
cultura@carral.es

Comentarios