Certame de Relatos Breves Feiraco

O Certame de Relatos Breves Feiraco chega á súa XI edición para incentivar a creación literaria.

Presenta dúas categorías de participación:
- nivel 1 para alumnado de 5º e 6º de primaria
- nivel 2 para estudantes de 1º e 2º da ESO

Os textos, de temática é libre, co único condicionante de que a historia aconteza na Galicia do futuro, serán orixinais e estarán escritos en galego e terán unha extensión dunha páxina DINA-4 por unha soa cara como máximo. Os centros deberán remitir un relato seleccionado como máximo de cada nivel (de ser o caso), en formato pdf, a través da web falarei.gal/certame. O prazo de recepción estará aberto ata o 9 de xuño de 2023.

O xurado valorará a orixinalidade e creatividade, o coidado na redacción e o uso correcto da lingua galega das narracións.

Premios
O relato gañador de cada nivel cada nivel poderá gozar dunha excursión para toda a clase do autor, con transporte incluído, a unha granxa da empresa, durante o curso 2022/2023, onde poderá vivir a experiencia de ser gandeiro ou gandeira por un día. O/A autor/a da historia gañadora recibirá, ademais, unha mochila de vaca Feiraco. Alén diso, as mil primeiras persoas participantes recibirán un estoxo e o alumnado finalista de cada centro participante, un caderno de vaca Feiraco.

https://falarei.gal/certame/


Comentarios