Concurso de Curtos "Senado polo clima"

 


O Senado de España convoca o concurso de Curtos "Senado polo clima"
 
Poderá participar no concurso calquera persoa residente en España con idade comprendida entre os 12 e os 18 anos.
Se o curto foi realizado por varios autores, todos eles deben de cumprir os requisitos de participación (deberá figurar un deles como solicitante e o resto de autores no apartado de coautores)
A temática das curtametraxes será o cambio climático, podendo ser indistintamente de ficción, animación ou documentais.
Os traballos deben de ser orixinais e non ser premiados con anterioridade noutro concurso ou festival
Non poderán presentarse curtametraxes que teñan carácter ou contido publicitario nin se aceptarán curtos que non respecten os dereitos humanos ou os valores democráticos, ou que teñan contidos ofensivos ou irrespetuosos cara a persoas ou colectivos.
As curtametraxes non poden ter unha duración superior aos 4 minutos (coas cortinillas inicial e final incluídas). No caso de que teñan locución, serán admitidos en castelán ou en calquera das outras linguas que teñan o carácter de oficial nalgunha Comunidade Autónoma (neste caso deberán incorporarse subtítulos en castelán)
Non se poderá presentar máis dunha obra por participante, que deberá enviarse en calquera formato dixital a senadoporelclima@senado.es. 
 
O prazo estará aberto ata o 30 de xuño de 2023
 
Premios
1º premio: Cámara tipo mirrorless con sensor CMOS de 24,1 MP con funcionalidades para fotografía e creadores de contido, obxectivo 15-45 mm, accesorios e micrófono estéreo de condensador electrect.
2º premio: Interface de audio USB de 2 canles para Podcast, micrófono dinámico, auriculares estéreo pechados e kit de soporte para o micrófono.
3º premio: Estabilizador para móbil e micrófono ultra compacto e lixeiro para creación de contido.
 
 
Senado de España
Tel.: 900 10 30 38
www.instagram.com/senadoesp

Comentarios