IV Concurso de Redacción Xornalística para Mocidade
Prazo ata o 18 de xuño de 2023
Poderán participar mozos e mozas de entre 14 a 25 anos, ambos incluídos, dentro das seguintes categorías:
- Explorador 1: alumnado de 3º e 4º ESO
- Explorador 2: alumnado de 1º e 2º de Bacharelato ou ciclo formativo grao medio.
- Explorador 3: mozos e mozas de 18 a 25 anos matriculados en universidades ou centros de estudos de grao superior (ou que completasen un grao en universidade ou centro de estudos de grao superior nos últimos 3 anos).
Os estudantes que queiran participar deberán escribir, de forma individual, un editorial xornalístico co tema "PROTEXAMOS A BIODIVERSIDADE": un texto no que se analicen e expresen de maneira razoada algún ou algúns retos aos que se enfrontan os e mozas mozos na súa relación co planeta, e propoñan solucións
O editorial deberá ter un titular e un texto en lingua castelá, dunha extensión de entre 400 e 500 palabras. Deberá ser un texto argumentativo baseado en feitos e datos. As ideas e propostas expostas no editorial deberán basearse en datos fiables
Cada estudante poderá participar cun único traballo e non se poderán presentar traballos en grupo.
O traballo gañador en cada categoría será publicado na edición impresa da revista National Geographic España entre os meses de setembro e decembro de 2023.
Os gañadores/as dos 3 mellores traballos de cada categoría recibirán unha subscrición gratuíta durante un ano á revista National Geographic España e un lote de libros de RBA (valorado en 100 €)
Os 15 mellores traballos de cada categoría, incluídos os 3 gañadores, publicaranse na web da revista National Geographic España a partir do mes de xullo de 2023
Comentarios
Publicar un comentario