A Universidade de Santaigo de Compostela desde o seu Campus de Lugo convoca a edición 2023 do concurso de vídeos Petiscos de ciencia.
Ten o obxectivo de “achegar a actividade científica á mocidade, ademais de para favorecer a divulgación en lingua galega dos contidos do labor que desenvolve a comunidade investigadora”.
O certame, que nesta edición está aberto á participación do alumnado de ESO, Bacharelato e Formación Profesional, repartirá 300 euros en premios entre as dúas propostas máis valoradas polo xurado.
O prazo de presentación de vídeos inéditos e orixinais, que poden ser elaborados de xeito individual ou en equipos de tres persoas coordinadas por un docente, remata o 15 de outubro de 2023.
As propostas presentadas a concurso deben remitirse ao enderezo de correo electrónico fcdeca@usc.gal e teñen que estar aloxadas nunha canle de YouTube baixo licenzas Creative Commons.
Os vídeos serán en lingua galega, tanto nas expresións orais como nos elementos escritos, e a súa duración non pode ser inferior a 30 segundos nin superior a 90 segundos.
https://www.usc.gal/gl/servizos/snl/dinamizacion/petiscos2023.html
Comentarios
Publicar un comentario