V Premio de Poesía Viva #LdeLírica 2023

O Corte Inglés convoca a V edición do Premio Nacional de Poesía Viva #LdeLírica.

Podes participar ata o 21 de maio de 2023.
Este ano a persoa gañadora terá o luxo de recitar no Museo do Prado xunto a dous poetas de recoñecido prestixio. Ademais, a editorial Huerga & Fierro publicará un poemario completo do premiado.

Como participar?
Cada autor/a poderá participar cun máximo de 3 vídeos, con temática e extensión libres. A obra debe ser propia, orixinal e estar lida polo seu autor. Non é imprescindible que sexa inédita. A única restrición é a duración do vídeo, tanto en Instagram como en TikTok, que será de 1 minuto
como máximo, sen existir unha duración mínima. Servirá o uso de posts e de reels, pero non servirá o uso de stories debido a que estas non permanecen publicadas. Non é obrigatorio subir o vídeo ás dúas redes nas que se desenvolve este premio: basta con subilo a unha delas.
Utilizarase obrigatoriamente o hashtag #poesíaviva2023, con ou sen acento en “poesía”, para identificar os vídeos. Solicítase que a publicación dos vídeos inclúa, no post, os seguintes datos: o título do poema, se o ten, o nome do autor e a súa provincia de residencia, e o vídeo do poema, sen ningunha outra indicación. Non se aceptarán vídeos sen hashtag.

https://www.ambitocultural.es/premios/PremioLdeLirica/ 


Comentarios