Cinema Miúdo



O Concello de Ames organiza o Festival internacional de cine infantil de Ames. Cinema Miúdo

No concurso poderá participar calquera persoa, empresa, asociación ou grupo non formal sen restricción de idade, nacionalidade ou de calquera outro tipo.
As obras presentadas deben estar orientadas ou ser aptas para o público preescolar, infantil ou xuvenil.
A selección das películas farase tendo en conta valores estéticos e educativos da propia peza pero tamén de xeito que se propicie a diversidade técnica, temática e de procedencia da programación global.
Poderán participar obras que respecten a igualdade, diversidade e a non discriminación.
Non hai límite no número de traballos presentados por autor ou autora.
Poderán participar curtametraxes cunha duración máxima de 25 minutos.
Poderán participar obras realizadas no ano 2021 ou posterior.

Categorías.
Axóuxeres: Curtametraxes dunha duración máxima de 10 minutos orientadas a un público de entre 2 e 7 anos.
Buxainas: Curtametraxes dunha duración máxima de 25 minutos orientadas a un público maior de 7 anos.
Todos os filmes de estas sesións serán candidatos aos premios que outorgará o xurado e o público.

prazo para enviar obras é ata o 4 de septiembre de 2023, ás 23:59

As obras seleccionadas serán proxectadas ou mostradas durante a realización do Festival Internacional de Cinema Infantil de Ames, en Ames (Galicia).

Premios

Outorgados por xurado profesional e dotados de 500 € cada un:
- Premio do Xurado á Mellor curtametraxe para público de 2 a 7 anos (Categoría Axóuxeres)
- Premio do Xurado á Mellor curtametraxe para público maior de 7 anos (Categoría Buxainas).

Outorgados polo público e dotados de 200 € cada un:
- Premio do Público á Mellor curtametraxe para nenos de 2 a 7 anos (Categoría Axóuxeres)
- Premio do público á Mellor curtametraxe para maiores de 7 anos (Categoría Buxainas).

Comentarios