Queres estudar idiomas nas escolas oficiais de idiomas de Galicia?

Para acceder a estas ensinanzas será requisito imprescindible ter 16 anos no ano natural en que se comecen os estudos.

Poderán acceder, así mesmo, aquelas persoas que fixesen 14 anos, ou que os fagan antes do 31 de decembro de 2023, para seguir as ensinanzas dun idioma distinto do cursado na ESO como primeira lingua estranxeira.
O alumnado que desexe matricularse en español como lingua estranxeira deberá acreditar a súa condición de cidadán/á dun país en que a lingua española non sexa lingua oficial, aínda que teña tamén a nacionalidade española.

Poderase acceder directamente a un curso distinto de 1º de nivel básico a través das seguintes vías:
- Os certificados dos niveis básico A1, básico A2, intermedio B1, intermedio B2 e avanzado C1 darán acceso, respectivamente, ás ensinanzas dos niveis básico A2, intermedio B1, intermedio B2, avanzado C1 e avanzado C2.
- Para aquelas persoas que dispoñan de coñecementos previos do idioma en que queiran matricularse, as probas de clasificación permitirán a incorporación ao curso que corresponda, segundo o resultado obtido, dos niveis básico A2, intermedio B1, intermedio B2, avanzado C1 e avanzado C2.

As preinscricións realizaranse desde o 26 de xuño ao 9 de xullo en https://www.eoidigital.com/preinsxunta

Acceso por probas de clasificación.
As probas de clasificación teñen por obxecto facilitarlle ao alumnado que dispoña de coñecementos previos dun idioma, e non poida acreditalos, a incorporación a calquera curso e nivel desa lingua.
Terán dereito a realizar as probas de clasificación para cada idioma aquelas persoas que desexen acceder por primeira vez ás ensinanzas de idiomas na modalidade presencial.

Máis información no DOG do 31 de maio de 2023


Comentarios